PlaceMaking Pontevedra

ENCONTROS

As cidades posibles

textura4_barrotes_STA_CLARA

10 feb 2022

19.00 h

placemaking pontevedra.
DO DEREITO Á CIDADE ÁS ESTRATEXIAS URBANAS

Diálogo entre Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra e representantes do consello de administración da rede Placemaking Europe, sobre como abordar procesos de transformación urbana e desenvolver estratexias baseadas nos supostos fundamentais do dereito á cidade.

Este encontro prodúcese logo de térselle concedido a Pontevedra a organización do congreso Placemaking Week que se celebrará na cidade no mes de setembro de 2022. Ademais das persoas que interveñen, contaremos coa presenza no acto da totalidade do Consello de Administración da rede Placemaking Europe.

 

>>>MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ LORES

Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu a súa profesión especialmente en Pontevedra, no Centro de Atención Ambulatoria Virxe Peregrina, logo de ter traballado en Mosteiro e Samos (Lugo), onde se iniciou na política como concelleiro do BNG. Nas eleccións de 1987 foi o único concelleiro electo do BNG en Pontevedra, que continuou aumentando os seus apoios ata que en 1999 asumiu a alcaldía da cidade, cargo no que permanece na actualidade.

Baixo o seu goberno a cidade recibiu numerosos premios, entre os que destacan INTERMODES 2013, pola súa política exemplar de mobilidade intermodal, LEATHERSHIP IN ACTIVE DESIGN do Center for Active Design de Nova York, polo deseño urbano pioneiro centrado nas persoas, ao tempo que promove estilos de vida saudables, ou o ONU HABITAT, outorgado ás boas prácticas para mellorar as condicións de vida das persoas.

www.pontevedra.gal

>>>RAMÓN MARRADES

Economista urbano, escritor e activista apaixonado das persoas e dos lugares. Actualmente é director de Placemaking Europe e asesor de estratexia para varias cidades e proxectos de desenvolvemento a gran escala. É impulsor de AfterCovid.City, unha iniciativa e festival en liña organizado por Placemaking Europe e o Ajuntament de Barcelona, que ten por obxectivo recuperar o papel das cidades, dos lugares e das persoas para configurar un mundo postcovid mellor.

Exerceu como director xefe de estratexia e finanzas en La Marina de València, a axencia de remodelación do paseo marítimo da cidade e foi membro do consello da Rede Mundial de Cidades Portuarias (AIVP). É coeditor do libro “Our City? Countering Exclusion in Public Space” (2019) e anfitrión e co-comisario da Placemaking Week Europe 2019. O seu traballo céntrase na interrelación entre o espazo público e o desenvolvemento económico.

https://placemaking-europe.eu

>>>FREDRIK LINDSTAL

Empresario e presidente do consello de administración dos portos de Estocolmo (Suecia). A súa misión profesional é contribuír a crear cidades inclusivas, democráticas e vibrantes atendendo á cultura como un dos seus motores principais e impulsar o seudesenvolvemento para crear novos espazos para o futuro.

https://www.portsofstockholm.com/

 

>>>VIVIAN DOUMPA

Urbanista e xeógrafa. Conta cunha amplísima experiencia internacional nos procesos de inclusión e participación da cidadanía na planificación urbana, especialmente en materia de espazo público e dinamización de barrios. Tamén é socia de STIPO, equipo de desenvolvemento urbano con sede en Holanda.

https://placemaking-europe.eu/listing/paraskevi-vivian-doumpa/

En Pontevedra queremos ser punto de ENCONTRO, DEBATE e REFLEXIÓN sobre o futuro dos espazos que habitamos e converter as nosas URBTOPÍAS en CIDADES POSIBLES.

10

febreiro 2022

13, 18, 21 e 27

outubro 2021

SÉGUENOS

Repensar o espazo urbano. Novas formas de habitar a cidade

ENCONTROS

As cidades posibles

URBtopias by La Marela-6B2

27 out

19.00 h

REPENSAR O ESPAZO URBANO.
NOVAS FORMAS DE HABITAR A CIDADE

Diálogo entre Teresa Táboas, arquitecta e membro do Consello da Unión Internacional de Arquitectos (UIA) e Ramón Marrades, economista urbano e Director de Placemaking Europe, sobre a recuperación do espazo público e as novas formas de habitar as cidades para garantir a saúde, o benestar e o compromiso na acción contra o cambio climático, logo da pandemia da COVID 19. Encontro moderado pola xornalista Susana Regueira.

>>>TERESA TÁBOAS

Doutora Arquitecta pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Colaborou seis anos no estudo do arquitecto César Portela Fernández-Jardón.

Dende o seu despacho profesional ten desenvolvido numerosos proxectos de Edificación e Urbanismo.

Foi elixida no ano 2003 Decana-Presidenta do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, sendo a primeira muller en acceder ao cargo. Exerceu tamén como Vicepresidenta do Instituto Tecnolóxico de Galicia e Conselleira Titular do Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España CSCAE. Formou parte tamén das comisións Urban Issues e Environment Sustainable Architecture do Consello de Arquitectos de Europa en representación do Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España,  CSCAE e foi Presidenta da Comisión de Vivenda do Consello de Arquitectos de Europa.

Membro do Goberno Galego como Conselleira de Vivenda e Solo na VII Lexislatura 2005-2009 foi tamén Deputada no Parlamento de Galicia na VIII Lexislatura 2009 – 2012.

Convidada como xurado en numerosos concursos de arquitectura, entre outros o Premio Nacional de Arquitectura de España na súa convocatoria de 2003,  ten impartido numerosas conferencias en diversas institucións e universidades.

En xullo de 2021 foi elixida membro do Consello da Unión Internacional de Arquitectos (UIA) na 28ª Asemblea Xeral desta organización, a candidatura foi presentada e defendida polo Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España. (CSCAE).

https://teresataboas.com/gl

>>>RAMÓN MARRADES

Economista urbano, escritor e activista apaixonado das persoas e dos lugares. Actualmente é director de Placemaking Europe e asesor de estratexia para varias cidades e proxectos de desenvolvemento a gran escala. É impulsor de AfterCovid.City, unha iniciativa e festival en liña organizado por Placemaking Europe e o Ajuntament de Barcelona, que ten por obxectivo recuperar o papel das cidades, dos lugares e das persoas para configurar un mundo postcovid mellor.

Exerceu como director xefe de estratexia e finanzas en La Marina de València, a axencia de remodelación do paseo marítimo da cidade e foi membro do consello da Rede Mundial de Cidades Portuarias (AIVP). É coeditor do libro “Our City? Countering Exclusion in Public Space” (2019) e anfitrión e co-comisario da Placemaking Week Europe 2019. O seu traballo céntrase na interrelación entre o espazo público e o desenvolvemento económico.

https://placemaking-europe.eu

>>>SUSANA REGUEIRA

Licenciada en Xornalismo pola Universidad Complutense de Madrid. Exerce o xornalismo dende moi nova en medios como El Correo Gallego e en 1993 incorporouse á redacción de Faro de Vigo, onde escribe contidos de Sociedade e Cultura. Publica en diversos medios como El Periódico de Catalunya e colaborou con revistas como Viajes de National Geographic.

Foi a autora dos textos e o recitado da ópera contemporánea Voci vicine, partitura do compositor italiano Fabio Cifariello Ciardi (Roma, 1960) cun enfoque que procura amplificar a voz do pobo italiano e, neste caso, galego, e que estreou en 2016 coa orquestra sueca Kammerensemble no marco do Festival Internacional de Creación Musical Contemporánea Vertixe Sonora. 

En Pontevedra queremos ser punto de ENCONTRO, DEBATE e REFLEXIÓN sobre o futuro dos espazos que habitamos e converter as nosas URBTOPÍAS en CIDADES POSIBLES.

13, 18, 21 e 27

outubro 2021

SÉGUENOS

Recompoñer a forma urbana. A incidencia do espazo público

ENCONTROS

As cidades posibles

Urbtopías

21 out

19.00 h

RECOMPOÑER A FORMA URBANA.
A INCIDENCIA DO ESPAZO PÚBLICO

Diálogo entre Francisco Mangado, arquitecto e impulsor da Fundación Arquitectura y Sociedad; Joan Clos, ex-Director executivo de ONU Hábitat e presidente de AGORA, The New Urban Conversation e Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra; sobre a incidencia do espazo público na composición da forma urbana. Encontro moderado pola Directora Corporativa do Diario Público, Ana Pardo de Vera.

>>>FRANCISCO MANGADO

Arquitecto pola Escola Superior de Arquitectura da Universidad de Navarra, onde é profesor desde 1982. Foi profesor convidado na Graduate School of Design da Harvard University, Aero Saarinen Visiting Professor na Yale Universty, profesor convidado na EPF Escola Politécnica de Lausana, Baird and Gensler profesor convidado na Cornell University e profesor convidado no Politécnico de Milán.

Entre os seus traballos destacan o Pazo de Congresos e Auditorio de Pamplona “Baluarte”, o Museo de Arqueoloxía de Vitoria, o Pavillón de España para a Exposición Internacional Zaragoza 2008, o Museo BBAA de Asturias en Oviedo e os recentemente inaugurados Pazo de Congresos de Palma de Mallorca e o Edificio da Nova Sede de Norvento Enerxía en Lugo. Actualmente desenvolve a súa actividade en varios países. Grazas a este labor profesional recibiu entre outros, o Premio de Arquitectura Andrea Palladio, o FAD de Arquitectura, o premio da CEOE, o premio Construmat de Arquitectura, o premio de Arquitectura Fernando García Mercadal, o premio de Arquitectura de Asturias, a medalla de ouro Giancarlo Ius outorgada pola Unión Internacional de Arquitectos, o Premio Copper en Arquitectura, o premio RIBA EU, o Premio de Arquitectura Española 2009 polo Pavillón de España para a Expo 2008 e o RIBA for International Excelence. En 2017 a sede do Edificio Norvento recibe o International Prize for Sustainable Architecture Fassa Bortolo: Medalla de Prata así como o American Architecture Prize 2017 na categoría Architectural Design/Other Architecture. Recentemente concedéuselle o Premio de Arquitectura Española 2017 polo Pazo de Congresos e Hotel de Palma.

En 2011 foi nomeado “International Fellow” do Institute of British Architects, RIBA e en 2013 membro honorario do American Institute of Architects, AIA . En 2016 a Academia das Artes de Berlín concédelle o Premio Berlin Art Prize-Architecture 2017 en recoñecemento ao seu traballo.

En 2008 fundou a Fundación Arquitectura y Sociedad, a cal recibiu a medalla de ouro Consejo Superior de Colegios de Arquitectos de España, CSCAE 2015. En xullo de 2015 foi nomeado Coordinador Xeral de Bienais e baixo a súa coordinación foille concedido ao Pavillón de España o León de Ouro da Bienal de Venecia en maio de 2016.

http://www.fmangado.es

http://arquitecturaysociedad.com

>>>JOAN CLOS

Subsecretario Xeral da ONU e Director Executivo de ONU-Hábitat (2010-2017), o programa das Nacións Unidas responsable da promoción de cidades sostibles, resilientes e prósperas. Durante o seu mandato, liderou a elaboración da Nova Axenda Urbana e foi nomeado Secretario Xeral da Conferencia Hábitat III.

Médico cunha distinguida carreira no servizo público e a diplomacia. Graduouse en medicina pola Universidade Autónoma de Barcelona, posteriormente especializouse en Saúde Pública e Epidemioloxía na Universidade de Edimburgo e incorporouse ao goberno municipal de Barcelona como Director de Saúde Pública, en 1979. Foi elixido dúas veces alcalde de Barcelona, desde 1997 ata 2006, logo de ter sido concelleiro da cidade entre 1983 e 1987, e tenente de alcalde de finanzas e orzamento xogando un papel clave na preparación dos Xogos Olímpicos de Barcelona en 1992.

Na súa época de alcalde recibiu varios premios, incluíndo a medalla de ouro do Royal Institute of British Architects en 1999 pola transformación de Barcelona e, en 2002, o Premio de Honra de ONU-Hábitat pola promoción da cooperación global entre as autoridades locais e as Nacións Unidas. Antes de unirse ás Nacións Unidas, entre 2006 e 2008 foi Ministro de Industria, Turismo e Comercio de España e de 2008 a 2010 Embaixador Español en Turquía e Acerbaixán.
No 2016, recibiu a medalla Jane Jacobs da Fundación Rockefeller en recoñecemento ao seu liderado no impulso da Nova Axenda Urbana.

Actualmente é presidente de AGORA, The New Urban Conversation, asociación sen ánimo de lucro que ten a misión de xerar sinerxías entre os actores públicos e privados que traballan para o desenvolvemento urbano sostible no marco dos valores da Nova Axenda Urbana e os ODS das Nacións Unidas.

https://www.theurbanagora.com

>>>MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ LORES

Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu a súa profesión especialmente en Pontevedra, no Centro de Atención Ambulatoria Virxe Peregrina, logo de ter traballado en Mosteiro e Samos (Lugo), onde se iniciou na política como concelleiro do BNG. Nas eleccións de 1987 foi o único concelleiro electo do BNG en Pontevedra, que continuou aumentando os seus apoios ata que en 1999 asumiu a alcaldía da cidade, cargo no que permanece na actualidade.

Baixo o seu goberno a cidade recibiu numerosos premios, entre os que destacan INTERMODES 2013, pola súa política exemplar de mobilidade intermodal, LEATHERSHIP IN ACTIVE DESIGN do Center for Active Design de Nova York, polo deseño urbano pioneiro centrado nas persoas, ao tempo que promove estilos de vida saudables, ou o ONU HABITAT, outorgado ás boas prácticas para mellorar as condicións de vida das persoas.

https://www.pontevedra.gal

>>>ANA PARDO DE VERA

Licenciada en Filoloxía Hispánica e máster en Medios de Comunicación, Ana Pardo de Vera é directora corporativa e de relacións institucionais do diario Público. En 2007 participou na fundación deste xornal, que dirixiu desde 2016 ata 2019. Antes traballou noutros medios como ‘La Voz de Galicia’, ‘Diario Sur’, ‘Tiempo’ ou ‘Diario 16’, entre outras cabeceiras, e actualmente colabora tamén con RTVE, Mediaset, Telemadrid, TV3, Catalunya Ràdio ou EiTB. Durante os gobernos de José Luis Rodríguez Zapatero foi asesora de comunicación nos Ministerios de Defensa, Turismo e Vicepresidencia de Política Territorial. En 2013 publicou o libro En la maleta de Zapatero (Libros.com), unha crónica das viaxes do expresidente do Goberno do Estado e os seus encontros con outros líderes políticos. Tamén é coautora de La armadura del rey (Roca Editorial e en catalán, Ara Llibres), publicado en 2021 xunto aos tamén xornalistas Eider Hurtado e Albert Calatrava.

https://www.publico.es

En Pontevedra queremos ser punto de ENCONTRO, DEBATE e REFLEXIÓN sobre o futuro dos espazos que habitamos e converter as nosas URBTOPÍAS en CIDADES POSIBLES.

13, 18, 21 e 27

outubro 2021

SÉGUENOS

Recrear o espazo público. A cultura como estratexia

ENCONTROS

As cidades posibles

Urbtopías

18 out

19.00 h

RECREAR O ESPAZO PÚBLICO.
A CULTURA COMO ESTRATEXIA

Diálogo entre Ana Luisa Amaral, escritora e gañadora da última edición do Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana; Manuel Vilas, escritor e finalista do Premio Planeta e Ramón Rozas, xornalista cultural, sobre o papel transformador da cultura para crear cidades inclusivas, seguras e sostibles, capaces de atraer e reter talento e xerar valor económico. Encontro moderado pola xornalista Pilar G. Rego.

>>>ANA LUISA AMARAL

Autora de máis de tres ducias de libros que abranguen diferentes xéneros, desde a poesía a libros infantís, pasando por teatro, ficción ou ensaio. Traduciu a poetas como Emily Dickinson, William Shakespeare ou Louise Gluck. Os seus libros están traducidos e editados en Colombia, Venezuela, México, Brasil, Inglaterra, Francia, Suecia, Italia, Holanda, Eslovenia, España e Estados Unidos, entre outros países.

A súa obra máis recente en Portugal é Mundo (poesia, Assírio & Alvim, 2021). Os seus libros máis recentes fóra de Portugal son What’s in a Name (trad. Margaret Jull Costa, New York, New Directions, 2019) ou What’s in a Name (trad. Paula Abramo, Madrid, Sexto Piso, 2020). Obtivo diversos premios e distincións en Portugal e fóra do seu país, como o Premio PEN de Ficción, o Premio Correntes D’Escritas, o Premio de Poesía Giuseppe Acerbi, o Grande Premio de Poesía da Associação Portuguesa de Escritores, o Premio Internazionale Fondazione Roma, o Premio Leteo, o Premio Libro del Año de las Librerías de Madrid, ou, moi recentemente, o Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana.

É profesora xubilada da Universidade do Porto e as súas áreas de investigación son os Estudos Feministas, as Poéticas Comparadas e os Estudos Queer. Ten xunto a Luís Caetano un programa de poesía na canle de radio Antena 2, O som que os versos fazem ao abrir.

>>>MANUEL VILAS

É un dos principais poetas e narradores españois da súa xeración. En 2016 publicou a súa Poesía Completa. 1980-2015, na editorial Visor. Gañou os premios de poesía máis prestixiosos que se conceden en España, como o Jaime Gil de Biedma, o Ciudad de Melilla ou o Generación del 27. Entre os seus libros de poemas destacan títulos como Resurrección (2005), Calor (2008) e El hundimiento (2015), todos eles publicados por Visor. É autor das novelas España (2008), Aire nuestro (2009), Los inmortales (2012) e El luminoso regalo (2013), todas elas publicadas por Alfaguara. En 2015 editou o libro de relatos Setecientos millones de rinocerontes (Alfaguara). É autor da biografía novelada Lou Reed era español (Malpaso, 2016) e do libro de viaxes América (Círculo de Tiza, 2017). 

En 2018 publicou a novela Ordesa, que se converteu nun éxito en España, con máis de cento vinte mil exemplares vendidos en todo o Estado, e traducida ou en proceso de tradución a máis de 20 linguas. Ordesa foi libro do ano para moitos medios de comunicación, como “Babelia”, “La Vanguardia” e “El Mundo”, ademais de gañar o prestixioso premio Fémina á mellor novela estranxeira publicada en Francia. En outubro de 2019 Manuel Vilas foi finalista do Premio Planeta coa novela titulada Alegría. O seu último libro de poemas titúlase Roma (Visor, 2020). Escribe habitualmente no xornal “El País”.

>>>RAMÓN ROZAS

Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Responsable do departamento de Arquivo e Documentación do Diario de Pontevedra, ademais de facerse cargo das áreas de crítica artística, cinematográfica e literaria, coa realización de diferentes proxectos expositivos e culturais en diversas institucións de Galicia.

Os seus textos forman parte de iniciativas editoriais coma o suplemento cultural Táboa Redonda (Diario de Pontevedra/El progreso de Lugo), recolléndose todos eles no blog http://ramonrozas.blogspot.com

>>>PILAR GARCÍA REGO

Xornalista e comunicadora na Televisión de Galicia (TVG) desde o ano 1989. Traballou, entre outros, en programas culturais como Cousas da lingua, Alalá, No bico un cantar ou, desde hai 8 anos, presentando o Zigzag Diario. Na escrita de ficción, é autora do guión ‘A casa do barqueiro,’ proxecto de longametraxe, e foi guionista e/ou editora de series de televisión como Rias Baixas, Libro de Familia ou O Faro. Publicou o poemario ‘Sandalias verdes, zapatos azuis e cans negros’, Xerais 2019. Participou tamén no Manifesto 25N 30 voces pola eliminación da violencia contra a muller, da Asociación Cultural Caldaloba e Alvarellos Editora. En 2021 publicou Humanario coa Editorial Galaxia.

En Pontevedra queremos ser punto de ENCONTRO, DEBATE e REFLEXIÓN sobre o futuro dos espazos que habitamos e converter as nosas URBTOPÍAS en CIDADES POSIBLES.

13, 18, 21 e 27

outubro 2021

SÉGUENOS

Rexenerar o urbano. Espazos culturais como elementos de cohesión

ENCONTROS

As cidades posibles

13 out

19.00 h

REXENERAR O URBANO.
ESPAZOS CULTURAIS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN

Diálogo entre David Chipperfield, arquitecto e Presidente da Fundación RIA e Ana Tomé, Directora Xerente da Fundación Museo Reina Sofía de Madrid, sobre o papel dos espazos culturais nos procesos de rexeneración urbana e social das cidades. Encontro moderado polo xornalista Alejandro Espiño.

>>>DAVID CHIPPERFIELD

Estudou arquitectura na Kingston School of Art e na Architectural Association School of Architecture en Londres. Logo de graduarse, traballou nos estudios de Douglas Stephen, Richard Rogers e Norman Foster. Fundou o seu propio estudio en Londres en 1985 e abriu oficinas en Berlín (1998), Shanghai (2005) e Milán (2006). Todas elas comprometidas en crear proxectos e atopar solucións que sexan arquitectónica, social e intelectualmente coherentes.

David Chipperfield Architects construiu máis de 100 proxectos que inclúen edificios culturais, residenciais, comerciais e educativos para os sectores público e privado, así como proxectos cívicos e plans urbanísticos. Recibiu múltiples premios e mencións internacionais pola excelencia no deseño, incluído o Premio RIBA Stirling en 2007 polo Museo de Literatura Moderna en Marbach, Alemaña, e o Premio Mies van der Rohe (Premio da Unión Europea de Arquitectura Contemporánea) e o Deutscher Architekturpreis en 2011 polo Neues Museum de Berlín.

Entre os seus proxectos actuais inclúense a nova ala dedicada á arte moderna e contemporánea no Metropolitan Museum of Art de Nova York; o Centro Nobel de Estocolmo; a renovación da Procuratie Vecchie na Praza de San Marcos en Venecia; un novo edificio para a Kunsthaus Zürich; a remodelación da Neue Nationalgalerie de Mies van der Rohe en Berlín; unha torre con vistas a Bryant Park en Nova York; a James Simon Galerie, o novo edificio de entrada á Illa dos Museos de Berlín; un novo centro de música en Edimburgo, declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO; o Pazo de Xustiza de Salerno, Italia; e unha torre comercial de uso mixto en Hamburgo.

Deseñou os interiores das tendas de Issey Miyake, Joseph, Dolce & Gabbana, Bally, Brioni e Valentino, así como unha gama de mobles, iluminación e vaixela. A gama de cerámicas Tonale de David Chipperfield para Alessi recibiu o Compasso d’Oro en 2011, e a cadeira pregable Piana foi adquirida para a colección permanente no MoMA.

Impartiu conferencias en escolas de arquitectura de todo o mundo e foi profesor de Arquitectura na Staatliche Akademie der Bildenden Künste, Stuttgart e Norman R. Foster Visiting, así como profesor de Deseño Arquitectónico na Universidade de Yale. É doutor honoris causa pola Universidade de Kingston e a Universidade de Kent. Foi ademais comisario da 13ª Exposición Internacional de Arquitectura da Bienal de Venecia baixo o título “Common Ground”e mentor do arquitecto suizo Simon Kretz para a Rolex Mentor and Protégé Arts Initiative, producindo xuntos un estudo teórico de planificación urbana que foi publicado por Walther König e ETH Zürich como On Planning: A Thought Experiment (2018).

É membro do Royal Institute of British Architects, membro honorario do American Institute of Architects e do Bund Deutscher Architekten. Foi gañador da medalla de ouro Heinrich Tessenow, o premio Wolf Foundation in the Arts e o premio Grand DAI (Verband Deutscher Architekten- und Ingenieurvereine) para a cultura da construción.

Foi nomeado Royal Designer for Industry, elixido membro da Royal Academy of Arts e Académico Honorario da Royal Scottish Academy of Art de Escocia. Comandante da Orde do Imperio Británico, recibiu tamén a Orde do Mérito da República Federal de Alemaña e foi nomeado cabaleiro polos seus servizos á arquitectura no Reino Unido e Alemaña. Recibiu a RIBA Royal Gold Medal for Architecture e o Praemium Imperiale da Japan Art Association, ambos outorgados en recoñecemento ao traballo de toda unha vida.

En 2017 lanzou a Fundación RIA en Galicia, entidade privada sen ánimo de lucro que basea o seu traballo nun estudo independente de 2016, logo de ter presenciado persoalmente o desenvolvemento urbano descontrolado, a degradación dos espazos naturais e a tensión económica na área da Ría de Arousa durante as últimas dúas décadas. Comprender mellor estes complexos problemas interconectados que poñen en perigo un xeito de vida e o potencial desenvolvemento, a Fundación RIA pretende contribuír á reflexión e o diálogo sobre o territorio, co obxectivo de planificar un futuro desenvolvemento sostible. 

https://davidchipperfield.com

https://www.fundacionria.org

>>>ANA TOMÉ

Licenciada en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid, cursou estudos de Filoloxía Inglesa e Hispánica, completando a súa educación en Londres e Nova York. Logo dunha experiencia laboral multidisciplinar orienta a súa carreira profesional cara a xestión cultural.

Exerceu como coordinadora de exposicións no Museo Nacional de Ciencias Naturales (Madrid) e Casa América (Madrid) e coordinou o programa de seminarios organizado pola Sociedad Estatal Hannover 2000 no marco da participación española na Exposición Universal celebrada na cidade alemá, aínda que o mesmo se desenvolveu en distintas cidades do país e en colaboración con diversas universidades e outras entidades locais. Na mesma época coordinou tamén a exposición El jardín de Melibea, conmemorativa dos cincocentos anos da publicación de La Celestina e organizada pola Sociedad Estatal para la Conmemoración de los centenarios de Felipe II y Carlos V.

En 1995 incorporouse á Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID-Ministerio de Asuntos Exteriores y Cooperación de España), organismo para o que dirixiu os Centros Culturais de España en Santo Domingo, La Habana (Cuba), São Paulo (Brasil) e Ciudad de México. Desde 2014 dirixe a Fundación Museo Reina Sofía (Madrid).

https://www.museoreinasofia.es/museo/fundacion

>>>ALEJANDRO ESPIÑO

Licenciado en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, toda a súa carreira profesional exerceuna como xornalista en diversos medios escritos e audiovisuais do país.

Tras iniciar a súa traxectoria na Cadena SER e Localia Televisión, traballos que compaxinou coa Axencia Galega de Noticias (AGN), en 2008 incorpórase á Televisión de Galicia (TVG), primeiro na súa delegación de Pontevedra e despois na súa sede central de Santiago.

En 2012 funda o xornal dixital PontevedraViva, no cal continúa a día de hoxe, e actualmente é o correspondente da Axencia EFE en Pontevedra. Formou parte do núcleo fundacional de AGARESO, a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios, desde a cal impulsou numerosos proxectos de cooperación e desenvolvemento, entre eles a dirección do documental “Pequenas doses de supervivencia”, rodado no Ecuador en 2009. 

En Pontevedra queremos ser punto de ENCONTRO, DEBATE e REFLEXIÓN sobre o futuro dos espazos que habitamos e converter as nosas URBTOPÍAS en CIDADES POSIBLES.

13, 18, 21 e 27

outubro 2021

SÉGUENOS