icono URBOTOPIAS bco
URBtopias by La Marela 105 900px

REXENERAR O URBANO. ESPAZOS CULTURAIS COMO ELEMENTOS DE COHESIÓN

13 de outubro - 19.00 h
Edificio Castelao, Pontevedra
Diálogo entre David Chipperfield, arquitecto e Presidente da Fundación RIA e Ana Tomé, Directora Xerente da Fundación Museo Reina Sofía de Madrid, sobre o papel dos espazos culturais nos procesos de rexeneración urbana e social das cidades. Encontro moderado polo xornalista Alejandro Espiño.

>>>DAVID CHIPPERFIELD

David Chipperfield

Estudou arquitectura na Kingston School of Art e na Architectural Association School of Architecture en Londres. Logo de graduarse, traballou nos estudios de Douglas Stephen, Richard Rogers e Norman Foster. Fundou o seu propio estudio en Londres en 1985 e abriu oficinas en Berlín (1998), Shanghai (2005) e Milán (2006). Todas elas comprometidas en crear proxectos e atopar solucións que sexan arquitectónica, social e intelectualmente coherentes.

David Chipperfield Architects construiu máis de 100 proxectos que inclúen edificios culturais, residenciais, comerciais e educativos para os sectores público e privado, así como proxectos cívicos e plans urbanísticos. Recibiu múltiples premios e mencións internacionais pola excelencia no deseño, incluído o Premio RIBA Stirling en 2007 polo Museo de Literatura Moderna en Marbach, Alemaña, e o Premio Mies van der Rohe (Premio da Unión Europea de Arquitectura Contemporánea) e o Deutscher Architekturpreis en 2011 polo Neues Museum de Berlín.

Entre os seus proxectos actuais inclúense a nova ala dedicada á arte moderna e contemporánea no Metropolitan Museum of Art de Nova York; o Centro Nobel de Estocolmo; a renovación da Procuratie Vecchie na Praza de San Marcos en Venecia; un novo edificio para a Kunsthaus Zürich; a remodelación da Neue Nationalgalerie de Mies van der Rohe en Berlín; unha torre con vistas a Bryant Park en Nova York; a James Simon Galerie, o novo edificio de entrada á Illa dos Museos de Berlín; un novo centro de música en Edimburgo, declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO; o Pazo de Xustiza de Salerno, Italia; e unha torre comercial de uso mixto en Hamburgo.

Deseñou os interiores das tendas de Issey Miyake, Joseph, Dolce & Gabbana, Bally, Brioni e Valentino, así como unha gama de mobles, iluminación e vaixela. A gama de cerámicas Tonale de David Chipperfield para Alessi recibiu o Compasso d’Oro en 2011, e a cadeira pregable Piana foi adquirida para a colección permanente no MoMA.

Impartiu conferencias en escolas de arquitectura de todo o mundo e foi profesor de Arquitectura na Staatliche Akademie der Bildenden Künste, Stuttgart e Norman R. Foster Visiting, así como profesor de Deseño Arquitectónico na Universidade de Yale. É doutor honoris causa pola Universidade de Kingston e a Universidade de Kent. Foi ademais comisario da 13ª Exposición Internacional de Arquitectura da Bienal de Venecia baixo o título “Common Ground”e mentor do arquitecto suizo Simon Kretz para a Rolex Mentor and Protégé Arts Initiative, producindo xuntos un estudo teórico de planificación urbana que foi publicado por Walther König e ETH Zürich como On Planning: A Thought Experiment(2018).

É membro do Royal Institute of British Architects, membro honorario do American Institute of Architects e do Bund Deutscher Architekten. Foi gañador da medalla de ouro Heinrich Tessenow, o premio Wolf Foundation in the Arts e o premio Grand DAI (Verband Deutscher Architekten- und Ingenieurvereine) para a cultura da construción.

Foi nomeado Royal Designer for Industry, elixido membro da Royal Academy of Arts e Académico Honorario da Royal Scottish Academy of Art de Escocia. Comandante da Orde do Imperio Británico, recibiu tamén a Orde do Mérito da República Federal de Alemaña e foi nomeado cabaleiro polos seus servizos á arquitectura no Reino Unido e Alemaña. Recibiu a RIBA Royal Gold Medal for Architecture e o Praemium Imperiale da Japan Art Association, ambos outorgados en recoñecemento ao traballo de toda unha vida.

En 2017 lanzou a Fundación RIA en Galicia, entidade privada sen ánimo de lucro que basea o seu traballo nun estudo independente de 2016, logo de ter presenciado persoalmente o desenvolvemento urbano descontrolado, a degradación dos espazos naturais e a tensión económica na área da Ría de Arousa durante as últimas dúas décadas. Comprender mellor estes complexos problemas interconectados que poñen en perigo un xeito de vida e o potencial desenvolvemento, a Fundación RIA pretende contribuír á reflexión e o diálogo sobre o territorio, co obxectivo de planificar un futuro desenvolvemento sostible. 

https://davidchipperfield.com

https://www.fundacionria.org

>>>ANA TOMÉ

Ana Tome

Licenciada en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid, cursou estudos de Filoloxía Inglesa e Hispánica, completando a súa educación en Londres e Nova York. Logo dunha experiencia laboral multidisciplinar orienta a súa carreira profesional cara a xestión cultural.

Exerceu como coordinadora de exposicións no Museo Nacional de Ciencias Naturales (Madrid) e Casa América (Madrid) e coordinou o programa de seminarios organizado pola Sociedad Estatal Hannover 2000 no marco da participación española na Exposición Universal celebrada na cidade alemá, aínda que o mesmo se desenvolveu en distintas cidades do país e en colaboración con diversas universidades e outras entidades locais. Na mesma época coordinou tamén a exposición El jardín de Melibea, conmemorativa dos cincocentos anos da publicación de La Celestina e organizada pola Sociedad Estatal para la Conmemoración de los centenarios de Felipe II y Carlos V.

En 1995 incorporouse á Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID-Ministerio de Asuntos Exteriores y Cooperación de España), organismo para o que dirixiu os Centros Culturais de España en Santo Domingo, La Habana (Cuba), São Paulo (Brasil) e Ciudad de México. Desde 2014 dirixe a Fundación Museo Reina Sofía (Madrid).

https://www.museoreinasofia.es/museo/fundacion

>>>ALEJANDRO ESPIÑO

ALEX ESPINO

Licenciado en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, toda a súa carreira profesional exerceuna como xornalista en diversos medios escritos e audiovisuais do país.

Tras iniciar a súa traxectoria na Cadena SER e Localia Televisión, traballos que compaxinou coa Axencia Galega de Noticias (AGN), en 2008 incorpórase á Televisión de Galicia (TVG), primeiro na súa delegación de Pontevedra e despois na súa sede central de Santiago.

En 2012 funda o xornal dixital PontevedraViva, no cal continúa a día de hoxe, e actualmente é o correspondente da Axencia EFE en Pontevedra. Formou parte do núcleo fundacional de AGARESO, a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios, desde a cal impulsou numerosos proxectos de cooperación e desenvolvemento, entre eles a dirección do documental “Pequenas doses de supervivencia”, rodado no Ecuador en 2009. 

Compartir: