Marcada na liña do horizonte, a Utopía é ese lugar cara onde camiñar soñando novos xeitos de vivir e de entender a sociedade. Un soño que sempre considerou a cidade como o espazo ideal onde poder materializar novas URBTOPÍAS que a través da arquitectura, o deseño e o urbanismo imaxinaran cidades alternativas e outras formas de habitar e relacionármonos.
A construción dunha Urbtopía significa soñar, máis tamén arriscar, aceptar os desafíos, concretar e marcar o rumbo que a faga realidade.
En Pontevedra queremos ser punto de ENCONTRO, DEBATE e REFLEXIÓN sobre o futuro dos espazos que habitamos e converter as nosas URBTOPÍAS en CIDADES POSIBLES.
As cidades posibles
*Entrada libre ata completar aforamento
Diálogo entre Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, e representantes do consello de administración da rede Placemaking Europe, sobre como abordar procesos de transformación urbana e desenvolver estratexias baseadas nos supostos fundamentais do dereito á cidade.
*Entrada libre ata completar aforamento
Diálogo entre David Chipperfield, arquitecto e Presidente da Fundación RIA e Ana Tomé, Directora Xerente da Fundación Museo Reina Sofía de Madrid, sobre o papel dos espazos culturais nos procesos de rexeneración urbana e social das cidades. Encontro moderado polo xornalista Alejandro Espiño.
*Entrada libre ata completar aforamento
Diálogo entre Ana Luisa Amaral, escritora e gañadora da última edición do Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana; Manuel Vilas, escritor e finalista do Premio Planeta e Ramón Rozas, xornalista cultural, sobre o papel transformador da cultura para crear cidades inclusivas, seguras e sostibles, capaces de atraer e reter talento e xerar valor económico. Encontro moderado pola xornalista Pilar García Rego.
*Entrada libre ata completar aforamento
Diálogo entre Francisco Mangado, arquitecto e impulsor da Fundación Arquitectura y Sociedad; Joan Clos, ex-Director executivo de ONU Hábitat e presidente de AGORA, The New Urban Conversation e Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra; sobre a incidencia do espazo público na composición da forma urbana. Encontro moderado pola Directora Corporativa do diario Público, Ana Pardo de Vera.
*Entrada libre ata completar aforamento
Diálogo entre Teresa Táboas, arquitecta e membro do Consello da Unión Internacional de Arquitectos (UIA) e Ramón Marrades, economista urbano e Director de Placemaking Europe, sobre a recuperación do espazo público e as novas formas de habitar as cidades para garantir a saúde, o benestar e o compromiso na acción contra o cambio climático, logo da pandemia da COVID 19. Encontro moderado pola xornalista Susana Regueira.
En Pontevedra queremos ser punto de ENCONTRO, DEBATE e REFLEXIÓN sobre o futuro dos espazos que habitamos e converter as nosas URBTOPÍAS en CIDADES POSIBLES.