As cidades posibles
18 out
19.00 h
Diálogo entre Ana Luisa Amaral, escritora e gañadora da última edición do Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana; Manuel Vilas, escritor e finalista do Premio Planeta e Ramón Rozas, xornalista cultural, sobre o papel transformador da cultura para crear cidades inclusivas, seguras e sostibles, capaces de atraer e reter talento e xerar valor económico. Encontro moderado pola xornalista Pilar G. Rego.
Autora de máis de tres ducias de libros que abranguen diferentes xéneros, desde a poesía a libros infantís, pasando por teatro, ficción ou ensaio. Traduciu a poetas como Emily Dickinson, William Shakespeare ou Louise Gluck. Os seus libros están traducidos e editados en Colombia, Venezuela, México, Brasil, Inglaterra, Francia, Suecia, Italia, Holanda, Eslovenia, España e Estados Unidos, entre outros países.
A súa obra máis recente en Portugal é Mundo (poesia, Assírio & Alvim, 2021). Os seus libros máis recentes fóra de Portugal son What’s in a Name (trad. Margaret Jull Costa, New York, New Directions, 2019) ou What’s in a Name (trad. Paula Abramo, Madrid, Sexto Piso, 2020). Obtivo diversos premios e distincións en Portugal e fóra do seu país, como o Premio PEN de Ficción, o Premio Correntes D’Escritas, o Premio de Poesía Giuseppe Acerbi, o Grande Premio de Poesía da Associação Portuguesa de Escritores, o Premio Internazionale Fondazione Roma, o Premio Leteo, o Premio Libro del Año de las Librerías de Madrid, ou, moi recentemente, o Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana.
É profesora xubilada da Universidade do Porto e as súas áreas de investigación son os Estudos Feministas, as Poéticas Comparadas e os Estudos Queer. Ten xunto a Luís Caetano un programa de poesía na canle de radio Antena 2, O som que os versos fazem ao abrir.
É un dos principais poetas e narradores españois da súa xeración. En 2016 publicou a súa Poesía Completa. 1980-2015, na editorial Visor. Gañou os premios de poesía máis prestixiosos que se conceden en España, como o Jaime Gil de Biedma, o Ciudad de Melilla ou o Generación del 27. Entre os seus libros de poemas destacan títulos como Resurrección (2005), Calor (2008) e El hundimiento (2015), todos eles publicados por Visor. É autor das novelas España (2008), Aire nuestro (2009), Los inmortales (2012) e El luminoso regalo (2013), todas elas publicadas por Alfaguara. En 2015 editou o libro de relatos Setecientos millones de rinocerontes (Alfaguara). É autor da biografía novelada Lou Reed era español (Malpaso, 2016) e do libro de viaxes América (Círculo de Tiza, 2017).
En 2018 publicou a novela Ordesa, que se converteu nun éxito en España, con máis de cento vinte mil exemplares vendidos en todo o Estado, e traducida ou en proceso de tradución a máis de 20 linguas. Ordesa foi libro do ano para moitos medios de comunicación, como “Babelia”, “La Vanguardia” e “El Mundo”, ademais de gañar o prestixioso premio Fémina á mellor novela estranxeira publicada en Francia. En outubro de 2019 Manuel Vilas foi finalista do Premio Planeta coa novela titulada Alegría. O seu último libro de poemas titúlase Roma (Visor, 2020). Escribe habitualmente no xornal “El País”.
Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Responsable do departamento de Arquivo e Documentación do Diario de Pontevedra, ademais de facerse cargo das áreas de crítica artística, cinematográfica e literaria, coa realización de diferentes proxectos expositivos e culturais en diversas institucións de Galicia.
Os seus textos forman parte de iniciativas editoriais coma o suplemento cultural Táboa Redonda (Diario de Pontevedra/El progreso de Lugo), recolléndose todos eles no blog http://ramonrozas.blogspot.com
Xornalista e comunicadora na Televisión de Galicia (TVG) desde o ano 1989. Traballou, entre outros, en programas culturais como Cousas da lingua, Alalá, No bico un cantar ou, desde hai 8 anos, presentando o Zigzag Diario. Na escrita de ficción, é autora do guión ‘A casa do barqueiro,’ proxecto de longametraxe, e foi guionista e/ou editora de series de televisión como Rias Baixas, Libro de Familia ou O Faro. Publicou o poemario ‘Sandalias verdes, zapatos azuis e cans negros’, Xerais 2019. Participou tamén no Manifesto 25N 30 voces pola eliminación da violencia contra a muller, da Asociación Cultural Caldaloba e Alvarellos Editora. En 2021 publicou Humanario coa Editorial Galaxia.
En Pontevedra queremos ser punto de ENCONTRO, DEBATE e REFLEXIÓN sobre o futuro dos espazos que habitamos e converter as nosas URBTOPÍAS en CIDADES POSIBLES.