icono URBOTOPIAS bco
URBtopias by La Marela 6B2 900px

REPENSAR O ESPAZO URBANO.  NOVAS FORMAS DE HABITAR A CIDADE

27 de outubro - 19.00 h
Edificio Castelao, Pontevedra
Diálogo entre Teresa Táboas, arquitecta e membro do Consello da Unión Internacional de Arquitectos (UIA) e Ramón Marrades, economista urbano e Director de Placemaking Europe, sobre a recuperación do espazo público e as novas formas de habitar as cidades para garantir a saúde, o benestar e o compromiso na acción contra o cambio climático, logo da pandemia da COVID 19. Encontro moderado pola xornalista Susana Regueira.

>>>TERESA TÁBOAS

Teresa Taboas

Doutora Arquitecta pola Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Colaborou seis anos no estudo do arquitecto César Portela Fernández-Jardón.

Dende o seu despacho profesional ten desenvolvido numerosos proxectos de Edificación e Urbanismo.

Foi elixida no ano 2003 Decana-Presidenta do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, sendo a primeira muller en acceder ao cargo. Exerceu tamén como Vicepresidenta do Instituto Tecnolóxico de Galicia e Conselleira Titular do Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España CSCAE. Formou parte tamén das comisións Urban Issues e Environment Sustainable Architecture do Consello de Arquitectos de Europa en representación do Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España,  CSCAE e foi Presidenta da Comisión de Vivenda do Consello de Arquitectos de Europa.

Membro do Goberno Galego como Conselleira de Vivenda e Solo na VII Lexislatura 2005-2009 foi tamén Deputada no Parlamento de Galicia na VIII Lexislatura 2009 – 2012.

Convidada como xurado en numerosos concursos de arquitectura, entre outros o Premio Nacional de Arquitectura de España na súa convocatoria de 2003,  ten impartido numerosas conferencias en diversas institucións e universidades.

En xullo de 2021 foi elixida membro do Consello da Unión Internacional de Arquitectos (UIA) na 28ª Asemblea Xeral desta organización, a candidatura foi presentada e defendida polo Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España. (CSCAE).

https://teresataboas.com/gl

>>>RAMÓN MARRADES

Ramon Marrades

Economista urbano, escritor e activista apaixonado das persoas e dos lugares. Actualmente é director de Placemaking Europe e asesor de estratexia para varias cidades e proxectos de desenvolvemento a gran escala. É impulsor de AfterCovid.City, unha iniciativa e festival en liña organizado por Placemaking Europe e o Ajuntament de Barcelona, que ten por obxectivo recuperar o papel das cidades, dos lugares e das persoas para configurar un mundo postcovid mellor.

Exerceu como director xefe de estratexia e finanzas en La Marina de València, a axencia de remodelación do paseo marítimo da cidade e foi membro do consello da Rede Mundial de Cidades Portuarias (AIVP). É coeditor do libro “Our City? Countering Exclusion in Public Space” (2019) e anfitrión e co-comisario da Placemaking Week Europe 2019. O seu traballo céntrase na interrelación entre o espazo público e o desenvolvemento económico.

https://placemaking-europe.eu

>>>SUSANA REGUEIRA

Susana Regueira

Licenciada en Xornalismo pola Universidad Complutense de Madrid. Exerce o xornalismo dende moi nova en medios como El Correo Gallego e en 1993 incorporouse á redacción de Faro de Vigo, onde escribe contidos de Sociedade e Cultura. Publica en diversos medios como El Periódico de Catalunya e colaborou con revistas como Viajesde National Geographic.

Foi a autora dos textos e o recitado da ópera contemporánea Voci vicine, partitura do compositor italiano Fabio Cifariello Ciardi (Roma, 1960) cun enfoque que procura amplificar a voz do pobo italiano e, neste caso, galego, e que estreou en 2016 coa orquestra sueca Kammerensemble no marco do Festival Internacional de Creación Musical Contemporánea Vertixe Sonora. 

Compartir: