icono URBOTOPIAS bco
textura barrotes STA CLARA

PLACEMAKING PONTEVEDRA. DO DEREITO A CIDADE ÁS ESTRATEXIAS URBANAS

10 de febreiro - 19.00 h
Edificio Castelao, Pontevedra
Diálogo entre Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra e representantes do consello de administración da rede Placemaking Europe, sobre como abordar procesos de transformación urbana e desenvolver estratexias baseadas nos supostos fundamentais do dereito á cidade. Este encontro prodúcese logo de térselle concedido a Pontevedra a organización do congreso Placemaking Week que se celebrará na cidade no mes de setembro de 2022. Ademais das persoas que interveñen, contaremos coa presenza no acto da totalidade do Consello de Administración da rede Placemaking Europe.

>>>MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ LORES

Miguel Fdez Lores

Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu a súa profesión especialmente en Pontevedra, no Centro de Atención Ambulatoria Virxe Peregrina, logo de ter traballado en Mosteiro e Samos (Lugo), onde se iniciou na política como concelleiro do BNG. Nas eleccións de 1987 foi o único concelleiro electo do BNG en Pontevedra, que continuou aumentando os seus apoios ata que en 1999 asumiu a alcaldía da cidade, cargo no que permanece na actualidade.

Baixo o seu goberno a cidade recibiu numerosos premios, entre os que destacan INTERMODES 2013, pola súa política exemplar de mobilidade intermodal, LEATHERSHIP IN ACTIVE DESIGN do Center for Active Design de Nova York, polo deseño urbano pioneiro centrado nas persoas, ao tempo que promove estilos de vida saudables, ou o ONU HABITAT, outorgado ás boas prácticas para mellorar as condicións de vida das persoas.

www.pontevedra.gal

>>>RAMÓN MARRADES

Ramon Marrades

Economista urbano, escritor e activista apaixonado das persoas e dos lugares. Actualmente é director de Placemaking Europe e asesor de estratexia para varias cidades e proxectos de desenvolvemento a gran escala. É impulsor de AfterCovid.City, unha iniciativa e festival en liña organizado por Placemaking Europe e o Ajuntament de Barcelona, que ten por obxectivo recuperar o papel das cidades, dos lugares e das persoas para configurar un mundo postcovid mellor.

Exerceu como director xefe de estratexia e finanzas en La Marina de València, a axencia de remodelación do paseo marítimo da cidade e foi membro do consello da Rede Mundial de Cidades Portuarias (AIVP). É coeditor do libro “Our City? Countering Exclusion in Public Space” (2019) e anfitrión e co-comisario da Placemaking Week Europe 2019. O seu traballo céntrase na interrelación entre o espazo público e o desenvolvemento económico.

https://placemaking-europe.eu

>>>FREDRIK LINDSTAL

.

Empresario e presidente do consello de administración dos portos de Estocolmo (Suecia). A súa misión profesional é contribuír a crear cidadesinclusivas, democráticas e vibrantes atendendo á cultura como un dos seusmotores principais e impulsar o seudesenvolvemento para crear novos espazos para o futuro.

https://www.portsofstockholm.com/

>>>VIVIAN DOUMPA

.

Urbanista e xeógrafa. Conta cunha amplísima experiencia internacional nos procesos de inclusión e participación da cidadanía na planificación urbana, especialmente en materia de espazo público e dinamización de barrios. Tamén é socia de STIPO, equipo de desenvolvemento urbano con sede en Holanda.

https://placemaking-europe.eu/listing/paraskevi-vivian-doumpa/

Compartir: