icono URBOTOPIAS bco
foto destacada ENCONTROS 4

XORNALISMO URBANO. UNHA NARRATIVA SOBRE A CIDADE

Venres, 5 de maio - 19.00 h
Igrexa do Convento de Santa Clara
Diálogo entre Ana Pardo de Vera, Directora Corporativa e de Relacións Institucionais de Público; Silvia Intxaurrondo, xornalista e presentadora de “La Hora de La 1” en Televisión Española (TVE); Rodrigo Cota, escritor e guionista e Ramón Rozas, xornalista cultural; sobre o xornalismo como ferramenta para a transformación das nosas cidades. Encontro moderado por Jorge Rodríguez Álvarez, Doutor en arquitectura, especializado en deseño e planificación sostible e profesor na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (ETSAC).

Ana Pardo de Vera

ana pardo de vera

Filóloga e xornalista. Directora corporativa e de Relacións Institucionais de Público. Traballou en varios xornais, como La Voz de Galicia, Diario Sur, Tiempo ou Diario 16, entre outros, e actualmente colabora con Radio Televisión Española (RTVE), Mediaset, Televisió de Catalunya (TV3), Catalunya Ràdio e Euskal Irrati Telebista (EiTB).

Foi asesora de Comunicación durante os dous gobernos de José Luis Rodríguez Zapatero, nos ministerios de Defensa e Industria, Comercio e Turismo e Vicepresidencia de Política Territorial. Escribiu a novela Chantaje a una jueza (Espasa) e os ensaios En la maleta de Zapatero (Libros.com) e La armadura del rey (Roca Editorial e, en catalán, Ara Llibres), este último xunto aos tamén xornalistas Eider Hurtado e Albert Calatrava.


Silvia Intxaurrondo

silvia intxaurrondo

Licenciada en xornalismo e en Filoloxía Árabe e Máster en Estudos Árabes e Islámicos. Presentou o programa Hoy por hoy da Cadena SER xunto a Iñaki Gabilondo e subdirixiuno en 2012 e 2013. En televisión, presentou programas informativos de prime time en Cuatro e CNN+, e traballou para El PAÍS, Televisión Española (TVE), Euskal Telebista (ETB) e PRISA en América Latina. Foi enviada especial a Tunisia, Oriente Medio, Colombia e México. Dirixiu e presentou os “Telenoticias Fin de Semana” de Telemadrid. Actualmente, dirixe e presenta “La Hora de La 1” en Televisión Española (TVE).


Rodrigo Cota

rodrigo cota

Escritor e guionista, é colaborador en Diario de Pontevedra e El Progreso. Como guionista de banda deseñada é autor de Centolomán, Nacho Camacho, Lorix, de Dubai a Nova Iorque e Corre, mono, corre. É autor da novela El inaudito secuestro de Mariano Rajoy. Guionista e director do documental Fóra e de varios audiovisuais de animación infantil.


Ramón Rozas

ramon rozas

Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Responsable do departamento de Arquivo e Documentación do Diario de Pontevedra, ademais de facerse cargo das áreas de crítica artística, cinematográfica e literaria, coa realización de diferentes proxectos expositivos e culturais en diversas institucións de Galicia.

Os seus textos forman parte de iniciativas editoriais coma o suplemento cultural “Táboa Redonda” (no Diario de Pontevedra e El progreso de Lugo), recolléndose todos eles no blog Foguetes verdes.


MODERA: Jorge Rodríguez Álvarez

jorge rguez alvarez

Doutor en arquitectura, especializado en deseño e planificación sostible. Desde 2009 é profesor na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (ETSAC), onde imparte diferentes materias de urbanismo e paisaxe. Ademais, é profesor visitante do Máster en Deseño Ambiental Sostible da Architectural Association School of Architecture de Londres (AA).

Ten coordinado libros e proxectos de investigación sobre Sostibilidade Urbana, escribiu numerosos artigos e traballos en revistas científicas e congresos internacionais, destacando o premio ao mellor traballo na 32ª Conference on Passive and Low Energy Architecture, (PLEA) 2016 en Los Ángeles. No 2015, recibiu un Research Trust Award do Royal Institute of British Architects (RIBA) pola investigación sobre o desempeño ambiental de dous edificios residenciais en Londres. No ano 2020 foi Chair do 35º Congreso Internacional PLEA, na Coruña, que reuniu a máis de 700 expertos en sustentabilidade en arquitectura e urbanismo de 60 países.


MEDIATECA


Compartir: