icono URBOTOPIAS bco
foto destacada ENCONTROS 2

A CIDADE CREATIVA. ONDE VIVES, IMPORTA

Mércores, 19 de abril - 19.00 h
Igrexa do Convento de Santa Clara
Diálogo entre María Yáñez, xornalista en medios dixitais, directora da revista dixital VINTE e asesora de comunicación e contido especializada na promoción e distribución de cinema; Joana Meneses, mestra en xestión do patrimonio cultural e coordinadora executiva de Braga 25 – Capital Portuguesa da Cultura e Xosé M. Buxán Bran, Decano da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, curador de exposicións, crítico de arte e editor; sobre a incidencia do espazo público no desenvolvemento económico e social a partir da innovación e o talento das persoas que o habitan. Encontro moderado pola xornalista cultural dos medios públicos galegos Marta Gómez.

María Yáñez

maria yanez

Xornalista en medios dixitais, durante máis de dúas décadas veu desenvolvendo contidos audiovisuais para internet e deseñando estratexias de comunicación online para diversos proxectos culturais. Na actualidade dirixe a revista dixital VINTE, dende a que produce contidos en vídeo, podcast e multimedia para web e redes. A través de vinte.media canaliza o seu traballo como asesora de comunicación e contido, especializada na promoción e distribución de cinema.


Joana Meneses

joana meneses

Licenciada en Arte e Patrimonio pola Escola das Artes da Universidade Católica do Porto onde obtivo o grao de Mestra en Xestión do Patrimonio Cultural.
É coordinadora executiva de Braga 25 – Capital Portuguesa da Cultura e coordinou o programa artístico de Braga’27 ademais de ser responsable da coordinación executiva de Braga Cultura 2030 – Estratexia Cultural de Braga 2020–2030. Foi xestora de proxectos e xerente de Opium, empresa especializada en consultoría no sector cultural.


Xosé M. Buxán Bran

xosem buxan bran

Decano da Facultade Belas Artes de Pontevedra. Curador de exposicións e crítico de arte. Dende que en 2003 comisariou o ciclo de exposicións temáticas “Malas Artes” na Sala dos Peiraos do Concello de Vigo até o seu último proxecto “Estado Crítico” para a Sala Alterarte, ten comisariado exposicións en numerosos espazos institucionais de España e Portugal. Ademais, levou a cabo a xestión de espazos expositivos universitarios, primeiro a Sala X, Sala de Exposicións do Campus de Pontevedra (durante cinco cursos) e logo a Sala Alterarte do Campus de Ourense. A este traballo curatorial e de xestión cultural sumouse o de editor, coa edición dun extenso número de catálogos e publicacións sobre arte contemporánea. Como crítico de arte escribiu con periodicidade para O Correo Galego, A Nosa Terra, Faro da Cultura do Faro de Vigo e o programa “Zigzag” da Televisión de Galicia.


MODERA: Marta Gómez

marta gomez

Xornalista especializada en cultura. Redactora no programa “Planetacine” durante unha década e directora dende o 2018 do programa cultural diario “Zigzag” na Televisión de Galicia (TVG). Colabora en revistas especializadas en cine e música. Dende os medios públicos, a súa maior teima é dar visibilidade a artistas galegos emerxentes.


MEDIATECA


Compartir: